A Hora do Código UDC 2020 é un evento gratuíto organizado o día 8 de febreiro pola Universidade da Coruña no marco do evento A Hora do Código que se celebra do 3 ao 9 de decembro en máis de 180 países para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, simple, intuitiva e divertida.

Está organizada por Code.org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.

Para que?

O obxectivo é tratar de aprender conceptos fundamentais de programación, dispoñendo para iso de bloques lóxicos que, amoreándose nunha orde adecuada, poidan realizar unha acción concreta, como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Está demostrado que a exposición a este tipo de programación visual axuda a sentar as bases para a programación baseada en texto, unha actividade moito máis complexa.

Para quen?

Para nenas/os entre 8 e 12 anos.

Requisitos:

  • Ter entre 8 e 12 anos.
  • Reservar a túa plaza
  • Traer as entradas (no móbil ou impresas)
  • Vir acompañado por un adulto responsable
  • Traer o computador ou a tablet (se non tes prestámosche un)
  • ... e moitas ganas de aprender.

Actividades:

Utilizarase o computador ou tablet para acceder á páxina https://studio.code.org/. Nela hai distintos titorais autoexplicativos que ensinan as nocións básicas de programación, adaptadas a todos. Ademais hai desafíos deseñados especialmente para A Hora do Código en code.org. Escenarios como Vaiana, Minecraft, Star Wars, Angry Birds ou Frozen serven para propoñer distintos desafíos que hai que superar para avanzar de nivel igual que nos videoxogos.

Se vos rexistrades (ou fano por vós) en https://studio.code.org/users/sign_up con un nome e contrasinal, poderedes cambiar de actividade e volver a ela en calquera momento, o sistema almacenará os vosos progresos. Tede en conta que é posible que xa estuviérades rexistrados.

O grupo de MESTRES utilizaredes a linguaxe de programación Python ou a ferramenta appinventor , para avanzar como xoven programador(a).

Estaredes todos asistidos por monitores que dirixirán e orientarán as actividades.

Ao remate de A Hora do Código todos recibiredes un diploma acreditativo.

8 de febreiro de 2020 - Horario

Acreditación

11.30h-12.00h

  • Entrada Laboratorios
  • Andar 1

A hora

12.00h-13.00h

  • Laboratorios
  • Andar 1

Diplomas

13.15h-13.30h

  • Salón de Actos
  • Andar 0
  • Facultade de Informática
  • Campus de Elviña s/n
    15071 A Coruña.

  • Teléfono: 881 011 251
  • Correo Electrónico
  • horadocodigoUDC@gmail.com

  • Liñas UDC e 24
  • 43°19'59.9"N 8°24'39.0"W

...podes facer A Hora do Código desde casa conectándote a https://code.org/ e probando algún dos titorias dispoñibles: Minecraft, Star Wars, Frozen, Flappy, ...

Dende o seu comenzo o número de participantes en todo o mundo non parou de crecer.

Xa participan
0
estudantes

Información importante

Reserva a túa praza a partires do 24 ata o 6 de febreiro ás 20:00h!
  • Para adquirir (gratuitamente) as entradas pódese facer en Eventbrite ou a través das aplicacións móbiles que poden descargarse en https://www.eventbrite.es/eventbriteapp/.
  • Se non tedes conta en Eventbrite previamente deberedes rexistrarvos.
  • O proceso de "compra" é moi sinxelo: hai que acceder á páxina do evento e seleccionar unha categoría de acordo a:
    • O nivel de coñecementos:
      • Aprendiz: sen experiencia en linguaxes de programación ou contornas como Code Studio ou Scratch
      • Mestre (10-12 anos): con experiencia en programación.
    • Se asistirá ou non con equipo propio (tablet ou portátil)
  • Para finalizar o proceso é necesario encher o rexistro completo cos datos de todos os nenos, incluindo o seu nome completo para entregarlles o seu diploma. A inscrición no evento autorízanos a tomar fotografías con fins exclusivamente divulgativos. Esta autorización está explicitamente indicada nas entradas.
  • As entradas enviaranse ao correo electrónico indicado no proceso de rexistro. Tamén estarán dispoñibles na web de Eventbrite en https://www.eventbrite.es/gettickets Se a compra se fai a través da aplicación móbil, se almacenaranse no propio dispositivo.

Colaboran

Preguntas con resposta

É unha actividade totalmente gratuíta, promovida por Code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro. O noso propósito é achegar as Ciencias da Computación aos nenos, de maneira que comprendan que detrás de moitas das aplicacións que usamos todos os días—videoxogos, aplicacións móbiles, Internet...—está a disciplina da Programación.

Para realizar a actividade con nós é necesario que o voso pai/mai ou titor vos inscriba no xestor de eventos Eventbrite, nesta mesma páxina, na páxina páxina web ou a través das aplicación móbiles en https://www.eventbrite.es/eventbriteapp/. O xestor de eventos enviará as reservas de praza ao correo electrónico. Ademais, se o facedes coas aplicaciónes móbiles, as entradas almacenanse no terminal. Lembrade que tedes que traelas, no móbil ou impresas en papel.

Ao solicitares as entradas fixádevos o nivel no que vos incribides (aprendiz ou mestre) e se dispoñedes ou non dun equipo propio porque iso determina o laboratorio que se vos asigne.

Co rexistro o voso pai, mai ou titor danos permiso para fotografaros e publicar as mellores fotos nesta web.

Ademais, se vos rexistran en http://studio.code.org poderedes acceder aos titoriais, cambiar de actividade e continuar con ela no mesmo punto no que a deixastes. O sistema saberá en cada momento a vosa progresión nas actividades.

Ao finalizares a actividade todos levaredes impreso un diploma personalizado co voso nome completo.

Non é necesario que traias ningún material (só as entradas, lembra!). Temos computadores dispoñibles, pero se queres podes traer o teu portátil ou tablet. Non terás que instalarlle ningún software específico. Terás Internet á tua disposición a través da nosa WIFI.

Aproximadamente 2 horas. Abriremos as portas ás 11.30 h, comezaremos ás 12.00h e a partires das 13.15h entregámosvos os diplomas.
Non, en todo momento deberás estar acompañado por un adulto.
Axudan a fomentar as habilidades de resolución de problemas, a lóxica e a creatividade. Ademais permitirán que os profesionais do futuro adquiran coñecementos imprescindibles no século XXI; fundamentais sexa cal for o seu desenvolvemento profesional.

8 Febreiro
2020

12.00h

Entrada

Facultade de Informática
UDC