A Hora do Código UDC 2015 é un evento gratuíto organizado o día 12/12/2015 pola Universidade da Coruña no marco do evento A Hora do Código que se celebra do 7 ao 13 de decembro en máis de 180 países para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, simple, intuitiva e divertida.

Está organizada por Code.org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.

Para que?

O obxectivo é tratar de aprender conceptos fundamentais de programación, dispoñendo para iso de bloques lóxicos que, apilándose nunha orde adecuada, poidan realizar unha acción concreta, como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma.

Para quen?

Para nenas/os entre 8 e 14 anos.

Requisitos:

  • Ter entre 8 e 14 años.
  • Rexistrarse previamente en https://studio.code.org cun nome e contrasinal.
  • Venir acompañado por un adulto responsable
  • Traer o computador ou a tablet (se non tes prestámosche un)
  • Traer firmada a autorización para fotografaros
  • ...e moitas ganas de aprender.

Actividades:

As nenas/os serán distribuídas por idades e niveis en grupos de 25-30. Estarán asistidos por un monitor que dirixirá e orientará as actividades.

Utilizarase o computador ou tablet para acceder á páxina https://code.org/. Nela hai distintos tutoriales autoexplicativos que ensinan as nocións básicas de programación, adaptadas a todos. Escenarios como Minecraft, Star Wars, Angry Birds ou Frozen serven para propoñer distintos desafíos que hai que superar para avanzar de nivel.     Igual que nos videoxogos!

Ao termo todos recibirán un diploma acreditativo de realizar "A Hora do Código".

12 de decembro de 2015 - Horario

-

Benvida

Planta Baixa

-

A hora do código

Planta Baixa

-

Entrega de diplomas

Salón de Actos

  • Facultade de Informática
  • Campus de Elviña s/n
    15071 A Coruña.

  • Teléfono
  • 981 167 000 extensión 1251

  • Correo Electrónico
  • decanato.fic@udc.es

  • Liñas UDC e 24
  • 43°19'59.9"N 8°24'39.0"W

...podes facer A Hora do Código desde casa conectándote a https://code.org/ e probando algun dos tutoriales dispoñibles: Minecraft, Star Wars, Frozen, Flappy, ...

O obxectivo é alcanzar a cifra de 200 millóns de participantes en todo o mundo

Ya somos
0

Preguntas con resposta

É unha actividade totalmente gratuíta, promovida por Code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro. O noso propósito é achegar as Ciencias da Computación aos nenos, de maneira que comprendan que detrás de moitas das aplicacións que usamos todos os días—videoxogos, aplicacións móbiles, Internet...—está a disciplina da Programación.

Non é necesario que traias ningún material. Temos computadores dispoñibles, pero se queres podes traer o teu portátil ou tablet.

Aproximadamente 2 horas. Abriremos as portas ás 11:30 AM, comenzaremos ás 12:00 AM e a partir das 13:00 PM entregámosvos os diplomas.
Non, en todo momento deberás estar acompañado por un adulto.
Co rexistro previo en http://studio.code.org poderedes acceder aos tutoriales, cambiar de actividade e continuar con ela no mesmo punto no que a deixastes. Saberedes en cada momento a vosa progresión.
Cando cheguedes á Facultade de Informática pedirémosvos o voso nome completo para poder imprimir un diploma personalizado. Ademais, á persoa que vos acompañe pedirémoslle que nos asine, se o considera oportuno, un permiso para poder facervos fotos e publicar as mellores nesta páxina.
Axudan a fomentar as habilidades de resolución de problemas, a lóxica e a creatividade. Ademais permitirán que os profesionais do futuro adquiran coñecementos imprescindibles no século XXI; fundamentais sexa cal for o seu desenvolvemento profesional.

Colaboradores

Momentos

A Coruña.- O sábado 12 do 12 á hora 12 era a cita. A esa hora un centenar de nenos e nenas deron os seus primeiros pasos na arte da programación informática.

O evento "A Hora do Código UDC 2015" reuniu na Facultade de Informática a novos programadores en potencia. No marco do evento mundial celebrado na semana do 7 ao 13 de decembro de 2015, as futuras promesas enfrontáronse cos retos expostos por un equipo de voluntarios, profesores e alumnos da UDC, co obxectivo de aprender conceptos fundamentais da programación desde un punto de vista lúdico. Na iniciativa, apadrinada pola fundación Code.org, utilizáronse escenarios como Minecraft, Star Wars, Angry Birds o Frozen para propoñer distintos desafíos que os mozos debían superar. Ao termo da xornada, a organización entregou a todos os participantes un diploma acreditativo.